1º ESO. OS XOGOS POPULARES
Cada grupo, dos feitos en clase, realizará unha investigación sobre os distintos xogos populares galegos. A parte teórica constará da presentación de catro xogos populares galegos, un por cada ficha (descarga aquí), precedida dunha portada co nome tódo-los integrantes do grupo. A parte práctica consistirá en levar a cabo un dos xogos presentados na sesión práctica.
DATA LÍMITE DE ENTREGA. Luns, 25 de febreiro
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN. 2 puntos (1 punto parte teórica e 1 punto parte práctica)
2º ESO: COÑECE UN DEPORTE
Cada grupo investigará e fará unha exposición sobre as distintas modalidades deportivas propostas:
GRUPO 1:BEISBAL
GRUPO 2:BOWLING
GRUPO 3: FLOORBAL
GRUPO 4:BADMNINTON
GRUPO 5: VOLEIBAL
GRUPO 6: BALONMÁN
GRUPO 7: KINBAL
Os traballos terán os seguintes apartados:
1. ORÍXES DO DEPORTE
2. PRINCIPAIS ASPECTOS REGULAMENTARIOS
3. MATERIAIS NECESARIOS
4. VARIANTES EXISTENTES DO DEPORTE
5. IMPORTANCIA EN ESPAÑA E NA NOSA COMUNIDADES
TRABALLO DE EXPOSICIÓN: 10 minutos máximo, axeitado o uso de recursos audiovisuais (video, fotos, powerpoints, etc...)
DATA LÍMITE DE ENTREGA. Luns, 25 de febreiro
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN. 2 puntos (1 puntos parte teórica+1punto exposición en clase)
No hay comentarios:
Publicar un comentario