viernes, 28 de septiembre de 2012

¿PODEN FACER OS ADOLESCENTES DEPORTE OU ACTIVIDADES FÍSICA?



Incluimos un bo artigo deste tema que pode axudar a resolver moitas dudas e prexúizos con respecto ó binomio asma-deporte. Os distintos estudios afirman que a actiivdade física é unha importante axuda para mellorar a sintomatoloxía do asma. O máis importante para ter baixo control esta enfermidade é seguilas indicacións do noso médico así como tamén ser estrict@ a hora de tomala medicación pertinente. Para afondar máis no tema vos invito a entrar no seguinte enlace.

Pero tamén quixera incluir outro traballo referente ó asma. Moitos dos nosos ídolos do deporte padezen esta doenza, o asma tamén está presente en maior o menor medida no deporte de élite, Preme nos aros olímpicos para acceder ó enlace.

FALSOS "AMIGOS" DA ALIMENTACIÓN"




Interesante artigo de Éroski Consumer sobre algúns mitos e erros que cometemos normalmente en canto a alimentación propia e a dos nosos fillos. Ánimo a súa lectura, xa que considero que pode  propiciar a reflexión e toma de conciencia ó respecto. Preme na foto da dereita.

ORIGAMI

O origami é o arte de plegar papel para formar diferentes figuras. Esta arte de orixe xaponés chámase en español papiroflexia. Preséntovos unha web moi interesante na que tedes multitude de exemplos, guiados paso a paso, que poderán encher o voso tempo de lecer. Preme na seguinte imaxe.



5´Ó DÍA

Páxina interesantísima da "Junta de Andalucia" para o fomento de hábitos alimenticios saudables. Preme na seguinte imaxe.


jueves, 27 de septiembre de 2012

BAREMOS TESTES 2º DÍA

As taboas que seguen fan referencia ás marcas dos testes do segundo día, flexibilidade e forza abdominal, preme a continuación se queres coñecer a túa nota.

martes, 25 de septiembre de 2012

BAREMOS TESTES 1º DÍA

A continuación poñemos as marcas polas cales obteremos as notas de cada curso correpondene á  avaliación inicial do primeiro día. Lembrade que fixemos dous teste, o lanzamento de balón mediciñal e o salto horizontal, nestes avaliamos a forza do tren superior e do tren inferior respectivamente. Fai click a continuación.

lunes, 24 de septiembre de 2012

AVALIACIÓN INICIAL

Nestas dúas semanas faremos unha avaliación inicial a fin de coñecer o estado xeral dos alumnos  no que se refire ás capacidades físicas. En próximas entradas poñeremos os baremos dos diferentes testes para que cada alumno poida coñecer os seus resultados.



miércoles, 19 de septiembre de 2012

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Saudos a todos, nestes primeiros días de curso, no que todo son reencontros e novidades, aproveitaremos para presentar á asignatura, funcionamento, avaliacións e normas, a fin de que os alumnos poidan ir "aterrando" logo dun periodo vacacional longo. A nivel físico iremos sentando as bases dos quecementos e aproveitaremos para facer un acondicionamento xeral das diferentes capacidades físicas.
En próximas semanas comezaremos coa avaliación inicial, mediante diferentes testes coñecermos cál e o pnnto de inicio dos alumnos da ESO co Colexio Labor.
Boa sorte a toda a comunidade educativa do centro neste novo curso 2012-2013.