jueves, 4 de octubre de 2012

TIPOS DE CONTRACCIÓN MUSCULAR.

No organismo humano existen máis de 650 músculos e todos eles están especializados para a contracción muscular. A contracción posibilita que o músculo poida exercer unha forza en contraposición dunga resistencia.
Tipos de contracción
Existen dous tipos de contracción das que falamos a continuación:
·       A contracción isotónica (con desprazamiento) implica que a lonxitude do músculo varía e que ademáis hai movemento. Tería dúas fases, unha concentrica (acortamento do musculo) e outra excentrica (implica un estiramento de músculo)

·       A  contraccion isométrica. Son aquelas nas que a lonxitude do músculo non varía, pero si se produce tensión muscular. A resistencia a vencer non se pode mover pese a que o intentamos. Un exemplo pode ser o isométrico lateral


OS XOGOS COOPERATIVOS




Nas primeiras etapas da vida do ser humano o xogo ocupa un lugar primordial, o cal se extende durante a infancia, a a dolescencia e a xuventude, quedando normalmente nun segundo plano en etapas posteriores.
Un xogo cooperativo e aquel no que os xogadores non compiten, sinon que se esforzan pola consecución dun obxectivo común, sendo a cooperación o elemento fundamental para conseguilo, polo tanto gañan ou perden todos o membro do equipo. As metas a superar son os desafios que nos imos atopando durante a realización dos xogos e non son ós outros xogadores. Polo tanto é unha boa forma de encontro cos demais. Non podemos educar só no eu, no min,  temos que ser conscientes que para atinxir certos obxectivos dependeremos dos demáis, en maior ou menor medida, sen esa cooperación non poderemos conseguilo prtentendido. De ahí a importancia deste tipo de tarefas e a xustificación de incluilas na programación da materia.
CARACTERISTICAS DOS XOGOS COOPERATIVOS
-Liberan da competición. O obxectivo é que todos participen para poder logar unha meta común. A estructura asegura que todos xoguen xuntos, eliminando a presión que pode producir a competición. O participante non se preocupa só de  si vai gañar ou perder, o seu interese está na participación cooperativa para que o grupo supere os retos.
-Liberan da eliminación. O diseño do xogo busca a incorporación de todos. Algúns xogos tratan de eliminar os menos fortes, o menos rápidos, etc...  esta eliminación pode ir acompañada de rechazo ou crear situacións de ansiedado ós alumnos. O xogo cooperativo busca, na medida do posible,  incluir non excluir.
-LIberdade para crear. Crear e construir e para construir e fundamental a aportación de todos os compoñentes do grupo. As regras son fléxibles, de este modo os participantes poden emitir conductas distintas para resolver o mesmo reto e así as estratexias poderán ser diferentes
A DISFRUTAR!!!!!!

lunes, 1 de octubre de 2012

COURSE NAVETTE

Imos a coñecer un teste novo chamado test de Course Navette ou test de Legger. É un teste de rendimento máximo para valorar a resistencia e que polo tanto nos axuda a coñecer o estado de forma dos executantes en relación con esta capacidade..
O teste consiste en recorrer unha distacia de 20 metros a un ritmo de velocidade crecente. A velocidade ven determinada por uns pitidos emitidos dende unha grabación, podémolo descargar aquí. .Temos que facer coincidir a chegada a liña dos 20 metros coa sinal acústica. cada minutosw a velocidade vese incrementada. No momento que o/a alumno/a se deteña ou non sexa capaza de chegar o lado contrario antes de que soe o pitido darase a proba por finalizada e se rexistrará o nivel o atinxido.
Na seguinte taboa se amosa a correpondencia entre as fases do teste, a velocidade e a distancia recorrida:


 Video explicativo