jueves, 15 de diciembre de 2016

ACTIVIDADE DE REMO NO COLE


Durante esta semana tivemos a sorte de contar coa presenza do Clube de Remo Virxe da Guía que fixo unha introdución sobre a actividade do remo. O seu adestrador explicounos as bondades deste deporte tanto no plano físico como no pedagóxico. Logo dunha pequena charla os rapaces puideron experimentar de forma práctica a actividade subidos nos ergómetros, nos que fixeron unha minicompetición.