Durante esta semana tivemos a sorte de contar coa presenza do Clube de Remo Virxe da Guía que fixo unha introdución sobre a actividade do remo. O seu adestrador explicounos as bondades deste deporte tanto no plano físico como no pedagóxico. Logo dunha pequena charla os rapaces puideron experimentar de forma práctica a actividade subidos nos ergómetros, nos que fixeron unha minicompetición. jueves, 15 de diciembre de 2016
ACTIVIDADE DE REMO NO COLE
Durante esta semana tivemos a sorte de contar coa presenza do Clube de Remo Virxe da Guía que fixo unha introdución sobre a actividade do remo. O seu adestrador explicounos as bondades deste deporte tanto no plano físico como no pedagóxico. Logo dunha pequena charla os rapaces puideron experimentar de forma práctica a actividade subidos nos ergómetros, nos que fixeron unha minicompetición. miércoles, 5 de octubre de 2016
ACHEGANDO O DEPORTE ADAPTADO Á MOCIDADE
Este luns tivemos a sorte de poder contar coa visita da asociación ACHEGA. A súa misión é a de contribuír ao crecimento persoal e á integración social e no deporte de persoas con algún tipo de discapacidade, así como a sensibilización da sociedade en xeral. Son unha asociación consolidada, referente para a comunidade e para poboación con risco de exclusión social na loita por alcanzar a plena integración social das persoas no territorio galego. Como valores defenden:
-A igualdade
-A solidariedade
-A ética
-A
-A mellora continua
A súa visita tivo como obxectivo principal ACHEGAR O DEPORTE ADAPTADO ÓS NOSOS ALUMNOS, Dar a coñecer que existen diferentes tipos de discapacidade e que calquera persoa, independentemente do tipo de diversidade funcional, pode levar a cabo unha vida activa sempre e cando sexamos quen de facilitarlle as ferramentas necesarias para facelo.
Os diferentes monitores presentáronos tres deportes ou modalidades deportivas:
O slalom: é un dos deportes máis sinxelos de entender para os alumnos. Organizaronse dous circuítos feitos con conos e aros. Os participantes tiveron que percorrelo no menor tempo posible en cadeira de rodas. Os alumnos puxérnsese na pel das persoas con discapacidade motora.
Preme nos seguintes enlaces para visualizar máis noticias sobre esta visita:
A asociación Achega rompe barreiras sobre o deporte adaptado en Vigo
Así é practicar deporte sen poder moverse, oír ou ver
viernes, 30 de septiembre de 2016
AVALIACIÓNS INICIAIS CURSO 16-17. TESTE DE ABDOMINAIS
A continuación tedes os cadros para calcular a vosa nota na proba de abdominais.
miércoles, 21 de septiembre de 2016
CONSELLO DO DÍA
Nunca deixes pasar unha oportunidade que che faga feliz a ti, soamente porque aos demais non lles guste.viernes, 16 de septiembre de 2016
COMEZA UN NOVO CURSO
Benvidos a tod@s a este novo curso que comeza xa. Espero que sexa un bo ano para todos e que atinxamos os obxectivos que tod@ pretendemos.miércoles, 18 de noviembre de 2015
NOTAS COURSE NAVETTE
Para calcular a túa nota só tes que te poñer baixo a idade correspondente ao teu curso (1º ESO 12, 2º ESO 13, 3º ESO 14 e 4º ESO 15) e buscar o periodo que conseguiches facer no test. Finalmente, na columna da esquerda, figurará a túa nota.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)