lunes, 15 de septiembre de 2014

NOVO CURSO

O vindeiro 15 de setembro comezará o novo curso, reencontros, emocións, ledicia e tamén novas ilusións. Agardamos que sexa un ano tan bo como o que xa pasou e damos a benvida a todos.



viernes, 23 de mayo de 2014

AS OLIMPIADAS. Por Irene Sánchez 3º ESO B

A continuación vos incluo un fermoso texto realizado por unha compañeira do colexio. Agradecerlle a súa colaboración e invitar a outros alumnos e alumnas a que tamén o fagan.

Este curso celebramos as primeiras olimpiadas deportivas no noso colexio. Un día sen clase, dedicado ao deporte e á diversión. Tras numerosos preparativos, probas e horarios, nosas olimpiadas pretendían convertirse nun gran acontecemento, e así o fixeron.

lunes, 24 de marzo de 2014

FINALIZOU O D3 DE PALAS


Un total de 55 parellas disputaron ó longo da segunda avaliación o D3 de palas. Logo de varias semanas de torneo sairon as parellas campionas do torneo. No primeiro ciclo da ESO  a parella de 2º formada por Rodrigo Otero e Adrían Roo alzouse coa vitoria. No segundo ciclo gañou a parella de 3º formada por Claudio López e Miguel  Ángel Alonso. Dende o departamento de Educación Física estamos moi satisfeitos polo ben que saiu o torneo e xa estamos preparando o seguinte deporte.

jueves, 6 de febrero de 2014

PBL 2ª AVALIACIÓN

Comezamos xa cos PBL da 2ª  avaliación. Procuramos en todo momento que na súa maioria podan ser feitos durante as clases de Educación Física. Serán feitos en grupo e esperamos que as temáticas sexan do interese da maioria dos alumnos. Preme nos seguintes enlaces en función do teu curso:
PBL 1º ESO
PBL 2º ESO
PBL 3º ESO
PBL 4º ESO

viernes, 24 de enero de 2014

FLOORBALL OU UNIHOCKEY



En 4º ESO traballaremos nesta avaliación o floorball. Iremos dende cómo hai que coller o stick ata a disputa de partidos. A continuación vos deixo unha sinxela pero gráfica presentación desta modalidade deportiva.
-PRESENTACIÓN

ACROSPORT


Iniciamos en 3º ESO unha unidade didáctica de esta modalidade deportiva. Comezaremos cos contidos teóricos e medidas de seguridade para pasar a continuación a traballar en pequenos grupos. Preme nos seguintes enlaces para baixar os arquivos:

viernes, 17 de enero de 2014

COURSE NAVETTE

Logo do regreso das vacacións de natal empezamos o curso con ganas e ritmo. Faremos un pequeno acondicionamento físico xeral, incidindo na resistencia, para facer a continuación o segundo test deste curso. Sorte no voso regreso
Na seguinte táboa tedes a distancia percorrida en función do fase a que cada un de vós conseguístedes chegar.