PBLèInvestigación e presentación dun deporte pouco
coñecido.
OBXECTIVOèDar a coñecer a modalidade escollida ao
resto dos compañeiros.
a) Decidir e escoller o deporte. Será importante escoller un deporte (é obrigatorio
que estea respaldado por unha federación) pouco coñecido e tamén chamado
minoritario ou emerxente no noso país, tendo en conta que algúns deportes son
máis o menos minoritarios dependendo do lugar onde se practica. Logo de
escoller a modalidade informarán ao profesor coa fin de que este autorice a
elección.
b) Unha vez teñamos a aprobación do profesor comezaremos a fase de
investigación. Os alumnos empregarán calquera vía de investigación (internet,
publicacións, etc…), tentando contrastar as informacións coa fin de que sexan o
máis recentes e actuais posibles.
c) Logo de obter o material realizarán a presentación. Poderán empregar
calquera soporte audiovisual (diapositivas de powerpoint, vídeos, clase
práctica etc…) Os alumnos exporán diante dos seus compañeiros os aspectos máis
salientables do deporte escollido (orixes, regulamento, beneficios fisicos da
súa práctica, materiais e espazos necesarios para a súa práctica, bibliografía,
etc…) Terán 15 minutos como máximo para realizar a exposición. É importante que
todos os integrantes participen na presentación diante dos seus compañeiros.
INFORMACIÓN DE INTERESE
·
O PBL
farase respectando os grupos de Olimpíadas; é un traballo en grupo no que
teremos que funcionar como colectivo, tomaremos decisións conxuntas e
trataremos de dividir funcións.
·
Será
en galego.
·
O PBL
é OBRIGATORIO. A partires do 13 de febreiro realizaranse, por sorteo, as quendas
de exposición.
·
A
puntuación do PBL será ata un 30% da nota final (ata 3 puntos) e ademais
puntuará para a Olimpíada do seguinte modo:
§ Mellor traballoèata 5 barras
§ 2º mellor traballoèata 3 barras
§ 3º mellor traballoèata 2 barras
§ 4º mellor traballoèata 1 barra
No hay comentarios:
Publicar un comentario