Unha vez rematados os PBL podemos avaliar como moi positiva a experiencia. Houbo traballos moi bos e outros non tanto, como é lóxico, no obstante o resumo xeral é satisfactorio. Na parte teórica destacaron algúns xogos inventados, factor a ter en conta na hora de avaliar os traballos, e na parte práctica o sentir xeralizado das dificuldades que conleva a profesión de profesor. Os alumnos chegaron a conclusión de que ser docente non é sinxelo, manter a atención da clase, explicar os exercicios e levalos a práctica puxo de manifesto que a paciencia e o control dos alumnos son factores esenciais. asimesmo é xusto comentar que pese a inesperiencia dos alumnos houbo "mestres" que ademáis de controlar moi ben ó grupo, incluso puxeron castigos ós alumnos menos disciplinados.
Pola miña parte satisfeito e convencido de que os próximos PBL sairán ainda mellor. Noraboa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario