martes, 24 de enero de 2017

2ª AVALIACIÓN. PBL 2º ESO

PBLèPresentación dunha modalidade das seguintes:
Pilates, yoga, tai-chi, senderismo.
OBXECTIVOèDar a coñecer unha das modalidades deportivas ao resto dos compañeiros.
FASES:
a) Sortearemos as catro modalidades para definir as tarefas de cada grupo. A partires deste punto cada equipo investigará nos medios que considere (prensa, internet, bibliografia, etc…) para recoller información sobre a modalidade.
b) Unha vez teñamos os elementos máis importantes crearemos unha presentación en powepoint co obxectivo de expoñer os aspectos máis salientables de cada actividade (orixes, metodoloxía, pautas de realización, espazos e lugares para ser levada a práctica, vestimenta, beneficios que nos reporta a súa práctica, etc…).
c) A parte final será expoñer a presentación perante os compañeiros para que poidan facerse unha idea, o máis realista posible, de cómo é esa modalidade en cuestión. Logo da presentación preparemos unha minisesión con aqueles exercicios máis relevantes.
INFORMACIÓN DE INTERESE
·         O PBL farase respectando os grupos de Olimpíadas; é un traballo en grupo no que teremos que funcionar como colectivo, tomaremos decisións conxuntas e trataremos de dividir funcións.
·         Será en galego.
·         O PBL é OBRIGATORIO. A partires do 13 de febreiro realizaranse, por sorteo, as quendas de exposición.
·         A puntuación do PBL será ata un 30% da nota final (ata 3 puntos) e ademais puntuará para a Olimpíada do seguinte modo:
§  Mellor traballoèata 5 barras
§  2º mellor traballoèata 3 barras
§  3º mellor traballoèata 2 barras

§  4º mellor traballoèata 1 barra

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada