martes, 24 de enero de 2017

2ª AVALIACIÓN. PBL 1º ESO

PBLèInvestigación e presentación dun deporte pouco coñecido.
OBXECTIVOèDar a coñecer a modalidade escollida ao resto dos compañeiros.
FASES:
a) Decidir e escoller o deporte. Será importante escoller un deporte (é obrigatorio que estea respaldado por unha federación) pouco coñecido e tamén chamado minoritario ou emerxente no noso país, tendo en conta que algúns deportes son máis o menos minoritarios dependendo do lugar onde se practica. Logo de escoller a modalidade informarán ao profesor coa fin de que este autorice a elección. 
b) Unha vez teñamos a aprobación do profesor comezaremos a fase de investigación. Os alumnos empregarán calquera vía de investigación (internet, publicacións, etc…), tentando contrastar as informacións coa fin de que sexan o máis recentes e actuais posibles.
c) Logo de obter o material realizarán a presentación. Poderán empregar calquera soporte audiovisual (diapositivas de powerpoint, vídeos, clase práctica etc…) Os alumnos exporán diante dos seus compañeiros os aspectos máis salientables do deporte escollido (orixes, regulamento, beneficios fisicos da súa práctica, materiais e espazos necesarios para a súa práctica, bibliografía, etc…) Terán 15 minutos como máximo para realizar a exposición. É importante que todos os integrantes participen na presentación diante dos seus compañeiros.
INFORMACIÓN DE INTERESE
·         O PBL farase respectando os grupos de Olimpíadas; é un traballo en grupo no que teremos que funcionar como colectivo, tomaremos decisións conxuntas e trataremos de dividir funcións.
·         Será en galego.
·         O PBL é OBRIGATORIO. A partires do 13 de febreiro realizaranse, por sorteo, as quendas de exposición.
·         A puntuación do PBL será ata un 30% da nota final (ata 3 puntos) e ademais puntuará para a Olimpíada do seguinte modo:
§  Mellor traballoèata 5 barras
§  2º mellor traballoèata 3 barras
§  3º mellor traballoèata 2 barras

§  4º mellor traballoèata 1 barra

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada