martes, 24 de enero de 2017

2ª AVALIACIÓN. PBL 2º ESO

PBLèPresentación dunha modalidade das seguintes:
Pilates, yoga, tai-chi, senderismo.
OBXECTIVOèDar a coñecer unha das modalidades deportivas ao resto dos compañeiros.

2ª AVALIACIÓN. PBL 1º ESO

PBLèInvestigación e presentación dun deporte pouco coñecido.
OBXECTIVOèDar a coñecer a modalidade escollida ao resto dos compañeiros.

jueves, 15 de diciembre de 2016

ACTIVIDADE DE REMO NO COLE


Durante esta semana tivemos a sorte de contar coa presenza do Clube de Remo Virxe da Guía que fixo unha introdución sobre a actividade do remo. O seu adestrador explicounos as bondades deste deporte tanto no plano físico como no pedagóxico. Logo dunha pequena charla os rapaces puideron experimentar de forma práctica a actividade subidos nos ergómetros, nos que fixeron unha minicompetición. 

miércoles, 5 de octubre de 2016

ACHEGANDO O DEPORTE ADAPTADO Á MOCIDADE

Este luns tivemos a sorte de poder contar coa visita da asociación ACHEGA. A súa misión é a de contribuír ao crecimento persoal e á integración social e no deporte de persoas con algún tipo de discapacidade, así como a sensibilización da sociedade en xeral. Son  unha asociación consolidada, referente para a comunidade e para poboación con risco de exclusión social na loita por alcanzar a plena integración social das persoas no territorio galego. Como valores defenden:
-A igualdade
-A solidariedade
-A ética
-A
-A mellora continua

A súa visita tivo como obxectivo principal ACHEGAR O DEPORTE ADAPTADO ÓS NOSOS ALUMNOS, Dar a coñecer que existen diferentes tipos de discapacidade e que calquera persoa, independentemente do tipo de diversidade funcional, pode levar a cabo unha vida activa sempre e cando sexamos quen de facilitarlle as ferramentas necesarias para facelo.

Os diferentes monitores presentáronos  tres deportes ou modalidades deportivas:
O slalom: é un dos deportes máis sinxelos de entender para os alumnos. Organizaronse dous circuítos feitos con conos e aros. Os participantes tiveron que percorrelo no menor tempo posible en cadeira de rodas. Os alumnos puxérnsese na pel das persoas con discapacidade motora.

O colpbol: trátase dun deporte de equipo que se xoga cunha pelota, que teñen que golpear coas mans, brazos ou calquera parte superior do corpo. Non é un deporte adaptado polo que os nenos poderán observar como se pode adaptar un deporte ás persoas con  discapacidade, nesta ocasión, auditiva.
 É un deporte de equipo. Os participantes levan os ollos tapados e protección para non facerse dano. Cada equipo ten que marcar goles na portería contraria  cun balón de cascabeis. O balón debe ir rodando. Os alumnos puxéronse no lugar das persoas con discapacidade visual.