Comezamos xa cos PBL da 2ª avaliación. Procuramos en todo momento que na súa maioria podan ser feitos durante as clases de Educación Física. Serán feitos en grupo e esperamos que as temáticas sexan do interese da maioria dos alumnos. Preme nos seguintes enlaces en función do teu curso:
PBL 1º ESO
PBL 2º ESO
PBL 3º ESO
PBL 4º ESO
jueves, 6 de febrero de 2014
viernes, 24 de enero de 2014
FLOORBALL OU UNIHOCKEY

En 4º ESO traballaremos nesta avaliación o floorball. Iremos dende cómo hai que coller o stick ata a disputa de partidos. A continuación vos deixo unha sinxela pero gráfica presentación desta modalidade deportiva.
-PRESENTACIÓN
ACROSPORT
viernes, 17 de enero de 2014
COURSE NAVETTE
Logo do regreso das vacacións de natal empezamos o curso con ganas e ritmo. Faremos un pequeno acondicionamento físico xeral, incidindo na resistencia, para facer a continuación o segundo test deste curso. Sorte no voso regreso
Na seguinte táboa tedes a distancia percorrida en función do fase a que cada un de vós conseguístedes chegar.
viernes, 13 de diciembre de 2013
D3 de palas
Xa está aberto o prazo de inscrición para a nova modalidade deportiva que imos a celebrar no D3. En cada aula haberá unha folla de inscrición onde deberán apuntarse os interesados en participar no torneo de palas 2x2. Os equipos estarán formados por dous xogadores (non é necesario que as parellas sexan mixtas). as propias parellas serán as encargadas de arbitrar os seus partidos. A duración de cada partido será dende o inicio do recreo ata o seu fin. Preme aquí e poderás ver as normas básicas do torneo. Animamos a tódolos interesados a participar e disfrutar desta nova modalidade,.
jueves, 12 de diciembre de 2013
Remate do D3 de balonmán
Moi divertido resultou o primeiro D2 de balonmán celebrado este curso. Desenvolveuse durate oito semanas e, como o ano pasado, disputouse durante os recreos xogando un total de trece equipos mixtos que fixeron as delicias de participantes e público. Houbo dúas categorías, unha formada por equipos do primer ciclo da ESO e outra por equipos de segundo ciclo que xogaron xunto cun equipo composto por profesores do centro (Merce, Álvaro, Juan, Antonio, Leo e Jota).
O campión do primer ciclo, logo de derrotar nunha bonita e loitada final ó equipo Nescafé, ambos de 2º ESO, foi o Vigo Monkeys, equipo formado por Álvaro, Adrián, Brian, Antonio, Pablo, Iñaki e Yaiza, ésta última substituida por lesión por Paula Durán No outro grupo do segundo ciclo venceron os proferes co seu equipo Oldies Goldies que derrotaron na final a Los Alumnos Ejemplares equipo formado por Alexis, Fabio, Fontán, Adrián Sánches e Mireia. Éste último equipo fixo un gran torneo vencendo tamén na fase previa o equipo que quedou finalmente campeón.
Para poñer o broche final xogouse un partido de exhibición entre ambos campións onde o de menos foi o resultado final.
3X3 Solidario
O Clube Baloncesto en cadeira de rodas AMFIV organiza esta iniciativa e convidanos a participar nela. Dende a nosa asignatura animamos a todos aqueles que estexan interesados a xogar neste torneo tan especial. Preme aquí para descargar a folla de inscrición.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


