jueves, 12 de diciembre de 2013

Remate do D3 de balonmán

Moi divertido resultou o primeiro D2 de balonmán celebrado este curso. Desenvolveuse durate oito semanas e, como o ano pasado, disputouse durante os recreos xogando un total de trece equipos mixtos que fixeron as delicias de participantes e público. Houbo dúas categorías, unha formada por equipos do primer ciclo da ESO e outra por equipos de segundo ciclo que xogaron xunto cun equipo composto por profesores do centro (Merce, Álvaro, Juan, Antonio, Leo e Jota).
O campión do primer ciclo, logo de derrotar nunha bonita e loitada final ó equipo Nescafé, ambos de 2º ESO, foi o Vigo Monkeys, equipo formado por Álvaro, Adrián, Brian, Antonio, Pablo, Iñaki e Yaiza, ésta última substituida por lesión por Paula Durán No outro grupo do segundo ciclo venceron os proferes co seu equipo Oldies Goldies que derrotaron na final a Los Alumnos Ejemplares equipo formado por Alexis, Fabio, Fontán, Adrián Sánches e Mireia. Éste último equipo fixo un gran torneo  vencendo tamén na fase previa o equipo que quedou finalmente campeón.
Para poñer o broche final xogouse un partido de exhibición entre ambos campións onde o de menos foi o resultado final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada