viernes, 21 de noviembre de 2014

COMEZAMOS O D3




O vindeiro luns día 24 de novembro comezamos o D3 de voleibol. Nesta edición teremos un total de 10 equipos en 1º e 2º da ESO e de 15 equipos en 3º e 4º da ESO. Desexamos a tódos os participantes un bo torneo e moita sorte

miércoles, 8 de octubre de 2014

PROBAS DE CARREIRA CONTÍNUA




A continuación poñemos as datas das probas de carreira contínua.
1º ESO E 2º ESO==> 1 de decembro
3º ESO E 4º ESO==> 2 de decembro
Lembramos a invitamos a todos aqueles que o consideren oportuno a traballar exercizos de tipo aeróbico.

martes, 30 de septiembre de 2014

lunes, 15 de septiembre de 2014

NORMAS EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 14-15

A continuación incluimos as normas que temos que cumprir no presente curso:

NOVO CURSO

O vindeiro 15 de setembro comezará o novo curso, reencontros, emocións, ledicia e tamén novas ilusións. Agardamos que sexa un ano tan bo como o que xa pasou e damos a benvida a todos.



viernes, 23 de mayo de 2014

AS OLIMPIADAS. Por Irene Sánchez 3º ESO B

A continuación vos incluo un fermoso texto realizado por unha compañeira do colexio. Agradecerlle a súa colaboración e invitar a outros alumnos e alumnas a que tamén o fagan.

Este curso celebramos as primeiras olimpiadas deportivas no noso colexio. Un día sen clase, dedicado ao deporte e á diversión. Tras numerosos preparativos, probas e horarios, nosas olimpiadas pretendían convertirse nun gran acontecemento, e así o fixeron.