viernes, 23 de mayo de 2014

AS OLIMPIADAS. Por Irene Sánchez 3º ESO B

A continuación vos incluo un fermoso texto realizado por unha compañeira do colexio. Agradecerlle a súa colaboración e invitar a outros alumnos e alumnas a que tamén o fagan.

Este curso celebramos as primeiras olimpiadas deportivas no noso colexio. Un día sen clase, dedicado ao deporte e á diversión. Tras numerosos preparativos, probas e horarios, nosas olimpiadas pretendían convertirse nun gran acontecemento, e así o fixeron.

Unha vez que os 32 equipos participantes estivemos ataviados con dúas raias do seu cor na cara, dispostos a pasalo ben e a dar o mellor de cada un de nós, comenzou a competeción e os partidos de baloncesto. Por un momento, o único son que se oía era un mestura dos botes, as carreiras por conseguir a pelota e os balóns rozando o aro. Os profesores facían de xuícess imparciais e vixiaban o xogo entre os gritos de ánimo e as risas. Despois de que sonara aquel agudo pitido, que se metia nos oídos para non sair, remataba un partido e comezaba outro. Cada equipo xogamos en total dous partidos de baloncesto con diferentes contrincantes, polo que agradecemos o pequeno descanso que nos deixaron antes da seguinte proba.
Xa con forzas renovadas, recibimos os relevos que contaban ata con tres modalidades diferentes. A primeira carreira realizaríase dando unha volta arredor do colexio, percorrido que tan ben coñecemos todos polas numerosas veces que o repetimos durante as clases de Educación Física. Os alumnos de primeiro abriron a competición na que os catro grupos de cada clase enfrentaríanse para conseguir o primeiro posto. Algúns de nós quedamos sen voz tras animar todo o posible aos compañeiros cos que compartiamos equipo e cor. E no momento no que chegaba o noso turno os nervios e a emoción percorría o noso corpo, queríamos correr tan rápido como fora posible e así facer campión ao noso equipo,  polo que sentíamos unha leve presion sobre os nosos ombros. Durante esta proba tivemos momentos moi emocionantes, caídas, remontadas épicas que todos recordaremos, e chegadas á meta memorables.
Despois disto fixemos uns divertidos relevos nos que nos xuntamos tres persoas dun equipo co outras dúas doutro equipo da nosa mesma cor. Sentados no chan en fila tivemos que levar a pelota ata á meta pasandoa por riba das nosas cabezas e nos mellores casos,  aínda o conseguimos.
Tivemos ata relevos invertidos, rodeando a palmeira por cada un dos lados, o corredor representante de cada un dos equipos tiña que intentar ser máis rápido ca o seu contricante. Para añadir máis emoción ao asunto, nun dos equipos comenzarían os alumnos de cuarto contra os de primeiro do outro equipo e viceversa. Isto podía verse como unha dificultade máis para os corredores máis benxamines,  pero estes sorprendéronnos en ocasións derrotando aos alumnos máis maiores. O que nos fixo ver que a idade non importa, senon que o verdadeiramente importante é a nosa actitude e as nosas ganas de superarnos a nós mesmos.
 Outro pequeno descanso serviunos como preparación para os últimos partidos. Compartimos recreo cos nenos de primaria e algúns deles incluso asistiron como público incondicional aos nosos enfrentamentos olímpicos.
Chegou o turno do brilé para os alumnos de primeiro e segundo, mentres os alumnos de terceiro e cuarto disputabamos os nosos partidos de hockey. No brilé disfrutamos da precisión no tiro e a coordinanción para esquivar os golpes dos xogadores. Por outra banda no hockey puidemos ver sorprendentes regates, goles inesperados e pases que salvaban partidos.

Pero pouco a pouco, case sen darnos conta, recibimos o final da xornada. Unha xornada chea de deporte, complicidade, unión e amizade. O espíritu deportivo encheu o ambiente desprendendo un aire de xogo limpo, traballo en equipo e compañerismo. Todos os nosos comentarios recoñecían que o día, incluso, superara as nosas espectativas e dábanos algo de tristeza que rematara tan pronto. O día brindounos situacións, momentos e experiencias que aínda hoxe recordamos con total vivacidade. Un día no que o maior premio foron as risas, os xogos e partidos,  a superación persoal e a posibilidade de compartir unha mañá cos nosos compañeiros de equipo e amigos. Unha mañá na que non importaban as idades ou o teu curso, na que os exámenes e deberes quedaron apartados, na que gañar ou perder era indiferente porque aquela mañá o importante era pasalo ben e disfrutar do deporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario