miércoles, 7 de octubre de 2015

O DISCO VOADOR OU FRISBEE

HISTORIA

Este deporte xurdiu dun simple xogo, inventado ao chou, cando uns mozox norteamericanos, despois de comer unhas tartas fabricadas por unha empresa pasteleira "Frisbie Pie Company", xogaban lanzando os moldes -bases- sobre os que repousaban as tartas. Lémbrase que despois da Segunda Guerra Mundial -1946-, os estudantes e militares xogaban lanzando estes moldes nos seus campus e cuarteis respetivos. 
Nesta época Walter Frederick Morrinson inventou o primeiro "Frisbee" ou prato voador que chamou"Pluto Platter" e fíxoo de baquelita, nerbangantes resultou ter un gran inconveniente, é que ao caer ao solo desfacíase en anacos. A mediados deste século aparecen con forza as fábricas de materiais plásticos, acontecemento que vai ter unha grande importancia no prometedor futuro do disco, que ten un pulo e desenvolvemento a partir de 1959 que a firma xogueteira Wham compra a patente e lanza un novo frisbee. O disco de material plástico voaba sen problemas e ademais voaba sen problemas. Podía bater contra paredes ou solo e non rompía. A partir de aí elaborouse o regulamento dando lugar a un novo deporte que, pouco a pouco, estendeuse dende California a tódolos EE.UU.

Neste país empezaron a xurdir clubes, competicións e campionatos, e aquel xogo que comezou por casualidade converteuse nunha realidade , un deporte, cno que os mellores xogadores eran californianos ao igual que a orixe do propio deporte.

En 1967 edítase o regulamento do disco creado pola Asociación Internacional do Frisbee creado pola Asociación Internacional do Frisbee (FIA).

En 1968 Joel Silver e Buzzy Hellring crean e fomentan un deporte colectivo co disco que se chamou o ULTIMATE, o primeiro partido entre colexios deste modalidade celebrouse o 6 de novembro de 1972.
Os anos setenta son a época de esplendor do disco e tódalas súas manifestacións, existían xogadores e equipos por todo o país. Sucediánse as demostracions, os campionatos, torneos e competicións entre cidades e estados, o disco era un deporte consolidado e tiña un posto destacado entre os deportes practicados en Norteamérica e a súa grande popularidade fai que cruce o Atlántico invadindo Europa en 1973. En 1974 celebranse os primeiros campionatos do mundo do disco en California.
Un pouco máis tarde chega a España polo País Vasco fundándose en 1979 a Asociación Española do Disco con sede en Bilbao, celebrándose o 1º campionato de España no verán de 1985 en Cantabria.
MATERIAL:
Na actualidade os discos ou Frisbies fabrícanse de polipropileno de alta calidade, aínda que tamén doutros plásticos inferiores.
Para comprobar a calidade ao comprar un disco, é necesario asegurarse de que é o suficientemente flexible, para que non se rompa ao caer ou chocar.
Outra característica importante para constatar a calidade do disco, sería o peso, xa que este pode ser moi variado, oscilando entre os 90 grs. ata os 175 grs. sendo os máis recomendables os que oscilan entre 100-120 grs.
En canto a súa forma son circulares e planos, e varían no seu tamaño, sendo o disco medio duns 25 cm. de diámetro. O ideal para que durante o vo sexa estable é a correcta relación entre peso e tamaño. Outra característica é que son de cores chamativas, o que favorece a sua visibilidade, facilitando a recepción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario