martes, 1 de octubre de 2013

PBL 1ª AVALIACIÓN 4º ESO

Nesta entrada tedes disponible a información referente ó PBL da primeira avaliación. Preme a continuación


Seremos profesores de Educación Física e teremos que deseñar unha sesión de XOGOS DO MUNDO, composta por cinco xogos para levalos a práctica nunca clase de Educación Física. Confeccionaremos unha sesión empregando a seguinte ficha ou unha similar
TITULO
PAIS
DESCRIPCIÓN
REPRESENTACIÓN
GRÁFICA
MATERIAIS
VARIANTES
FONTE








1.      TITULO. O nome ou nomes do xogo
2.      PAÍS. País ou países onde se xoga a dito xogo
3.      DESCRIPCIÓN. Breve texto onde se describa o xogo, distribución dos xogadores, regras básicas, lugar de realización, etc…
4.      REPRESENTACIÓN GRÁFICA. Un dibuxo que de forma rápida ilustre a sistemática do xogo
5.      MATERIAIS. Material ou materiais que sexan necesarios para levar a cabo o xogo.
6.      VARIANTES. Posibles variantes que poidan existir do xogo atopado noutros lugares
7.      FONTE. Incluir o lugar onde atopamos o xogo (páxina web, libro, familiar, experiencia persoal, etc…)

·         O PBL farase respectando os grupos feitos para as Olimpíadas.
·         Presentarase en galego.
·         A data límite de presentación será o martes 19 de novembro. En caso de non presentalo a nota será un 0 (cero).
·         Enviarase en formato dixital vía email (NON se poderá entregar noutro formato) o seguinte enderezo do profesor:
jrmr270773@gmail.com
·         A puntuación do PBL será ata un 20% da nota final (ata 2 puntos) e ademais puntuará para a Olimpíada do seguinte modo:
§  Mellor traballoèata 5 barras
§  2º mellor traballoèata 3 barras
§  3º mellor traballoèata 2 barras

§  4º mellor traballoèata 1 barra

No hay comentarios:

Publicar un comentario