viernes, 13 de septiembre de 2013

XIMNASIA OU EDUCACIÓN FÍSICA

DIFERENZAS ENTRE EDUCACIÓN FÍSICA E XIMNASIA
De forma cotiá seguimos a empregar o termo "ximnasia" para referirnos á materia de Educación Física. Pero temos que chamar ás cousas polo seu nome. Unha cousa é a materia de EDUCACIÓN FÍSICA e outra a XIMNASIA
 
O Dicionario da Real Academia Española da Lingua define:
-Ximnasia: a arte de desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ó corpo por medio de certos exercicios. E di que existen tres tipos:
1. Ximnasia Artística: especialidade ximnástica que se practica con diversos aparello ou na modalidade de chan.
2. Ximnasia Rítmica: conxunto de exercicios que, acompañados de música, pasos de danza e ás veces algúns accesorios, se realizan sobre unha pista.
3. Ximnasia Sueca: a que se fai sen aparellos.

Na escola, non hai tanto tempo, realizábanse exercicios ximnásticos para a mellora da condición física e a saúde como complemento ós estudos. Esta "ximnasia" que se facía non tiña máis obxectivo que mellorar o adestramento físico do corpo.

Hoxe en día, o termo Educación Física representa un concepto moito máis amplo: non só se desenvolven as habilidades ximnásticas, senón que tamén é unha ferramenta pedagóxica que serve para lograr a educación integral da persoa, nos diferentes ámbitos da vida (afectivo, social, cognitivo, motor, etc.), usando o corpo e o movemento para a mellora da saúde e da calidade de vida.

Nas clases de Educación Física non se está todo o día a facer ximnasia nin exercicios ximnásticos, é máis, nalgunhas sesións nin sequera se fan este tipo de tarefas.

Sabemos que é difícil mudar o costume, “dende hai moitos anos chámaselle ximnasia, e agora custa dicir Educación Física", pero entre todos podemos facer o esforzo de polo menos saber e coñecer cal é a diferenza entre os dous termos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario