miércoles, 5 de octubre de 2011

Normas ESO Educación Física Curso 2011-2012.

NORMAS EDUCACIÓN FISICA
UNIFORMIDADE.
-          É de  obrigada utilización o chándal do colexio (vermello e azul), a camiseta co logotipo do mesmo e as zapatillas de deporte de cor predominantemente branca nas clases de EF. 
-          Non trae-lo uniforme regulamentario suporá, a imposibilidade de participar DE FORMA PRÁCTICA na clase de EF, e neste caso os alumnos adicarán a clase de Ed. Física, sempre e cando o profesor llo solicite,  a observación e participación na mesma realizando tarefas de colaboración..
-          Por seguridade na clase de EF quedan prohibidos aneis, pulseiras, pendentes, piercings e calquera outro adorno que poida provocar lesións durante a actividade.
-          É importante recollerse o cabelo durante as clases para facilita-la realización das diferentes actividades propostas.
PUNTUALIDADE E ASISTENCIA
-          É obriga do alumno asistir e chegar puntualmente a clase. O profesor levará un control da mesma.
-          É obrigatorio PARTICIPAR ACTIVAMENTE nun 80% das clases de EF en cada avaliación para superar a asignatura, o imcumprimento INXUSTIFICADO da anterior condición conleva o suspenso automático desa avaliación.
-          A non participación de LONGA DURACIÓN xustificarase mediante DOCUMENTO MÉDICO. Nese caso o profesor proporá un PROGRAMA DE ACTIVIDADES ALTERNATIVAS  de carácter TEÓRICO
-          Cada alumno terá, no caso de ser necesario, CINCO MINUTOS, para estar completamente preparado para o inicio da clase.
-          Non se poderá abandonar a clase de Educación Fisica sen o consentimento do profesor, entendéndose a necesidade de manter contacto visual mestre-alumno.
-          A NON asistencia e participación na clase de Educación Física só se entenderá como XUSTIFICADA, cando se entregue o oportuno xustificante na seguinte clase ou ó titor.
HIXIENE
-          Tan importante é vir aseado da caso como facelo cando finalice a clase. Teremos DEZ MINUTOS para facelo.. Como mínimo os alumnos ademáis de asearse deberán cambiar a camiseta.
-          Os vestiarios utilizaranse de forma correcta, evitando xogos, molestias  innecesarias ou calquera outra actividade que perturbe o normal desenvolvemento.
-          Está prohibido o consumo de calquera alimento durante as clases. Únicamente o  profesor poderá permitir a inxesta de auga, sen perdas de tempo, durante as sesións.
ACTITUDE
-          É imprescindible e unha OBRIGA a correcta utilización do material e das instalacións.
-          O alumno amosará unha actitude de participación activa que axude en todo momento o normal desenvolvemento da clase, Se por algún motivo non se puidese facer un determinado exercicio comunicarase o profesor para face-la oportuna adaptación.
-          Cando o profesor explica os alumnos escoitan (deixan de falar, teñen os balóns recollidos nas mans, etc…)
-          A linguaxe empregada polos alumnos expresa as emocións interiores. Fala cunha linguaxe correcta, evitando palabras e expresións groseiras.
-          Durante as clases é importante o control das emocións. Está prohibido calquera tipo de agresión ou manifestación violenta.
-          As clases de Educación Física son continuas, non se permitirán interrupcións, se é necesario ir o baño, facelo antes (CINCO MINUTOS) ou despois (DEZ MINUTOS).
-          O alumno/a que perda ou rompa intencionalmente o material deberá pagalo o sustituilo da corto coas normas recollidas no RRI.        
-          Os alumnos recollerán o material á finalización da clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario