Este luns tivemos a sorte de poder contar coa visita da asociación ACHEGA. A súa misión é a de contribuír ao crecimento persoal e á integración social e no deporte de persoas con algún tipo de discapacidade, así como a sensibilización da sociedade en xeral. Son unha asociación consolidada, referente para a comunidade e para poboación con risco de exclusión social na loita por alcanzar a plena integración social das persoas no territorio galego. Como valores defenden:
-A igualdade
-A solidariedade
-A ética
-A
-A mellora continua
A súa visita tivo como obxectivo principal ACHEGAR O DEPORTE ADAPTADO ÓS NOSOS ALUMNOS, Dar a coñecer que existen diferentes tipos de discapacidade e que calquera persoa, independentemente do tipo de diversidade funcional, pode levar a cabo unha vida activa sempre e cando sexamos quen de facilitarlle as ferramentas necesarias para facelo.
Os diferentes monitores presentáronos tres deportes ou modalidades deportivas:
O slalom: é un dos deportes máis sinxelos de entender para os alumnos. Organizaronse dous circuítos feitos con conos e aros. Os participantes tiveron que percorrelo no menor tempo posible en cadeira de rodas. Os alumnos puxérnsese na pel das persoas con discapacidade motora.
Preme nos seguintes enlaces para visualizar máis noticias sobre esta visita:
A asociación Achega rompe barreiras sobre o deporte adaptado en Vigo
Así é practicar deporte sen poder moverse, oír ou ver