lunes, 28 de enero de 2013

CAMPIONS DO MUNDO DE BALONMÁN





Estamos de noraboa xa que a Selección Nacional de Balonmán quedou campiona do mundo no recente Mundial celebrado en España. Isto, xunto coa medalla de bronce da Selección Nacional Feminina nas últimas Olimpiadas, certifica o bo nivel que posúe o noso país nesta modalidade deportiva.

¿QUÉN SE ATREVE?

Impresionante video dun atleta con maisculas. Cántos exercicios eres capaz de facer?



viernes, 25 de enero de 2013

O D3 COMEZA

Comunidade do Colexio Labor, o D3 comeza!,
Premendo nos seguintes enlaces tedes toda a información:


-Normas de competición.
-Ficha de inscrición.

Inscribídevos enviando por mail a vosa ficha debidamente cumprimentada  antes do 18 de novembro.

Comezaremos con balonmán. Animádevos a participar e pasar uns momentos divertidos facendo deporte. Vémonos!!

miércoles, 9 de enero de 2013

D3 LABOR

Nos taboleiros das respectivas aulas apareceron os seguintes carteis:

Iso significa que en poucos días dará comezo o D3, un proxecto que pretende a actividade física e deportiva durante os recreos por medio de distintas modalidades, equipos mixtos e mailo fair play. O logotipo, a  mascota e o nome do proxecto son obra dos seguintes alumnos:

-Nome do proxecto: Rodrigo Rodríguez González, 4º ESO A
-Mascota do proxecto: Meres Gómez Besada, 3º ESO A
-Logo do proxecto: Santiago Pascual Míguez, 3º ESO B

A todos eles moitas grazas, e aos demáis participantes desexamos agradecerevos tamén o esforzo e convidar a toda a comunidade educativa do cole a que participe nas diferentes modalidades que imos disfrutar.

 Atréveste?