Nesta entrada tedes disponible a información referente ó PBL da primeira avaliación. Preme a continuación
viernes, 27 de septiembre de 2013
PBL 1ª AVALIACIÓN 1º ESO
Nesta entrada tedes disponible a información referente ó PBL da primeira avaliación. Preme a continuación
viernes, 20 de septiembre de 2013
TESTES AVALIACIÓN INICAL DÍA 1. CURSO 2013-2014
A continuación poñemos as marcas
polas cales obteremos as notas de cada curso correpondene á avaliación
inicial do primeiro día. Lembrade que faremos dous testes, o lanzamento
de balón mediciñal salto horizontal, nestas probas avaliaremos a forza do
tren superior e do tren inferior respectivamente. Fai click a
continuación.
TESTES AVALIACIÓN INICIAL 2º DÍA. CURSO 2013-2014
As taboas que seguen fan referencia
ás marcas dos testes do segundo día, flexibilidade e forza abdominal,
preme a continuación se queres coñecer a túa nota.
viernes, 13 de septiembre de 2013
XIMNASIA OU EDUCACIÓN FÍSICA
DIFERENZAS
ENTRE EDUCACIÓN FÍSICA E XIMNASIA
De forma cotiá seguimos a
empregar o termo "ximnasia" para referirnos á materia de Educación
Física. Pero temos que chamar ás cousas polo seu nome. Unha cousa é a materia
de EDUCACIÓN FÍSICA e outra a XIMNASIA
O Dicionario da Real Academia
Española da Lingua define:
-Ximnasia: a arte de
desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ó corpo por medio de certos
exercicios. E di que existen tres tipos:
1. Ximnasia Artística: especialidade ximnástica que se practica con diversos aparello ou na
modalidade de chan.
2. Ximnasia Rítmica: conxunto de exercicios que, acompañados de música, pasos de danza e ás
veces algúns accesorios, se realizan sobre unha pista.
3. Ximnasia Sueca: a que se fai sen aparellos.
Na escola, non hai tanto tempo, realizábanse exercicios ximnásticos para a mellora da condición física e a saúde como complemento ós estudos. Esta "ximnasia" que se facía non tiña máis obxectivo que mellorar o adestramento físico do corpo.
Hoxe en día, o termo Educación
Física representa un concepto moito máis amplo: non só se desenvolven as
habilidades ximnásticas, senón que tamén é unha ferramenta pedagóxica que serve
para lograr a educación integral da persoa, nos diferentes ámbitos da vida
(afectivo, social, cognitivo, motor, etc.), usando o corpo e o movemento para a
mellora da saúde e da calidade de vida.
Nas clases de Educación Física non se está todo o día a facer ximnasia nin exercicios ximnásticos, é máis, nalgunhas sesións nin sequera se fan este tipo de tarefas.
Sabemos que é difícil mudar o costume, “dende hai moitos anos chámaselle ximnasia, e agora custa dicir Educación Física", pero entre todos podemos facer o esforzo de polo menos saber e coñecer cal é a diferenza entre os dous termos.
miércoles, 11 de septiembre de 2013
NOVO CURSO
O vindeiro 15 de setembro comezará o novo curso, reencontros, emocións, ledicia e tamén novas ilusións. Agardamos que sexa un ano tan bo como o que xa pasou e damos a benvida a todos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)